Arde o motor dun aeroxenerador no monte Faro
- ecosdacomarca
- 15 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Os bombeiros de Chantada foron os encargados de apagar o lume así coma unha pequena zona de monte que prendeu a consecuencia deste
Ecos da Comarca/Rodeiro
Os 112 Galicia foi alertado por varios condutores e veciños este domingo sobre ás 14:45 horas de que estaba ardendo un aeroxenerador no monte Faro, que está situado entre os municipios de Rodeiro e Chantada.

Foron os bombeiros de Chantada os encargados de extinguir o lume. En concreto, ardeu o motor dun aeroxenador e unha pequena extensión do monte que está xunto a este.
O 112 Galicia tamén avisou aos axentes da Garda Civil.
Cabe mencionar que no que levamos de ano non é o único que arde neste monte, xa que pasou o mesmo no pasado mes de marzo. Toda a información sobre esta nova no enlace:
Comments