top of page

Arde un aeroxenerador no Monte Faro

O incendio provocou que o aparato resultara completamente calcinado e que as chamas prendesen nunha zona de monte próxima

Laura Moure/Rodeiro

Este mediodía rexistrouse un incendio nun dos aeroxenerados do Monte Faro, monte ubicado entre os municipios de Rodeiro e Chantada. Concretamente, tal e como informa o 112 Galicia, o lume orixinouse no motor dun aeroxenerador situado no Parque Eólico da Serra do Faro, na parroquia de Argozón, en Chantada. Provocou que o aparato resultara completamente calcinado e que as chamas prendesen nunha zona de monte próxima.


O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ás 12:50 horas a través dos axentes forestais de Lalín. A partir de aí, dende o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos bombeiros de Chantada, da Gardia Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.


Deste modo, tanto os bombeiros de Chantada como o persoal de incendios forestais interviron para sofocar o incendio, que quedou extinguido preto das catro da tarde e no que non houbo que lamentar danos personais. Tamén colaborou nas tarefas de extinción un helicóptero.


Adega insta a Xunta aumentar a distancias dos eólicos dos núcleos de poboación

A Asociación Ecoloxista Adega insta á Xunta a decretar o aumento das distancias (agora en 500 metros) dos muíños eólicos ás vivendas e núcleos de poboación en proporción á súa altura. "Non só pola incidencia destes na saúde e calidade de vida das veciñas (que non é pouco...), senón tamén por razóns imperiosas de seguridade. Tamén solicitamos á administración pública a rexeitar a autorización de parques eólicos en zonas de elevado risco de incendios forestais. Lamentablemente, este non é un caso illado", incide. E recalca que "todos os anos se producen incendios espontáneos ou provocados por tormentas nos rotores de aeroxeneradores eólicos. En 2020 producíronse en Galiza sucesos similares cando menos nos parques eólicos de Fontecova (Viveiro), da Vilabesa (As Somozas) e de Coristada (Ortigueira)".

O fume divisábase desde distintas zonas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page