top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arde en Boimorto unha palleira con máis de 60 toneladas de herba seca e palla

Ecos da Comarca/Boimorto

O incendio de hoxe. Autor: Ecos da Comarca.

Este domingo orixinouse un incendio nunha palleira dunha explotación gandeira de Boimorto, situada no lugar de Marco de Abaixo, na parroquia de Sendelle. O suceso ocorreu pasados uns minutos das 15:30 horas.

Autor: Ecos da Comarca


ECOS DA COMARCA desprazámonos ao lugar sobre as oito da tarde. Alí seguían traballando os equipos de extinción e veciños que colaboraron cos seus tractores para retirar a herba seca.


Os bombeiros de Arzúa traballan no lugar e para sufocar este lume tamén interveñen, como informa o 112 Galicia e como comprobamos in situ, dúas motobombas enviadas polo distrito forestal da zona, procedentes de Frades e de Arzúa, que serven para abastecer de auga aos equipos de extinción.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sobre as oito da tarde, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa conseguiran retirar unhas vinte toneladas de herba seca, das sesenta que se almacenaban no interior da construción, cunha pa que dispoñían os veciños, tal e como sinala o 112 Galicia.


"Aínda que cremos que pode haber máis de 60. Había herba seca e palla", sinala un familiar do afectado que nos conta que foi un veciño que ía no coche o que deu a voz de alarma ao ver o fume que saía. Había tanto herba seca deste ano como do anterior, polo que isto supón unha enorme perda económica, ademais, a estrutura da nave na que se orixinou o lume viuse totalmente afectada.


Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida e tampouco os animais e a sala de ordeño que se atopan noutras construcións do lado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Foi un particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia, uns minutos despois das 16:00 horas desta tarde. A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil, de Protección Civil de Boimorto, Melide e Arzúa e do distrito forestal da zona", indica o 112 Galicia.


Ás 21:30 horas aínda continuaban as tarefas de extinción.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page