top of page

Aparece un bolso tirado nunha estrada do Sexo, en Agolada, que semella que foi roubado

Actualizado: 29 ene 2023

Non ten ningunha documentación polo que se agradece a difusión para dar coa súa dona


Ecos da Comarca/Agolada

Este sábado apareceu un bolso tirado nunha estrada da parroquia agoladesa do Sexo. "Estaban todos os bolsillos estirados para fóra", sinala a persoa que o atopou.

O bolso que apareceu.

Todo semella que foi roubado e que tras sacarlle as cousas tirárono no lugar. "O bolso está novo e non ten ningún papel, nin documento. Ten pinta que foi substraído e tirado na estrada", engade.


Cabe mencionar que hai uns días publicamos que roubaran un bolso tras romper un cristal dun coche estacionado xunto a igrexa de Visantoña en Santiso, e que despois houbo máis denuncias por feitos similares neste municipio.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Se alguén sabe de quen pode ser o bolso pode contactar con ECOS DA COMARCA a través do correo ecosdacomarca@gmail.com


APARECEU A DONA: O bolso foi roubado en Val de Sangorza. Toda a información no enlace:


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page