top of page

O bolso que apareceu no Sexo foi roubado o venres na parroquia veciña de Val de Sangorza

Os amigos do alleo romperon a plena luz do día unha das fiestras do vehículo desta melidense ao que tamén lle pincharon as rodas


Laura Moure/Agolada

Onte ECOS DA COMARCA publicamos que se atopara un bolso tirado nunha estrada de Sexo, no municipio de Agolada. Hoxe xa se puxo en contacto con nós a dona do bolso tras ver a noticia. Efectivamente, foi substraído o venres, sobre as catro da tarde, na parroquia veciña de Val de Sangorza.

O coche afectado ao que lle romperon unha fiestra e lle pincharon as rodas.

"Fomos a Val a ver unha plantación de eucaliptos. Deixamos o coche no principio da pista e subimos a pé, como uns 200 metros. Ao chegar arriba, o meu marido adentrouse para velos e eu decidín esperalo no coche e cando chego xa vexo a ventanilla rota e as rodas pinchadas. Tardaría en baixar máis ou menos 10 minutos", sinala a afectada, veciña de Melide.


"Levaba uns 270 euros, xa que pensaba facer unhas compras; unha chave con mando; o DNI e carnet de conducir; dúas tarxetas bancarias, que bloqueei no momento; as tarxetas sanitarias, do marido e a miña; outra tarxetas dun centro comercial, cun valor de 30 euros, para o poseedor e varias tarxetas de establecementos comerciais", indica.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais, apunta que "o disgusto foi grande". "E menos mal que non deixeu o móbil, que si non, quedamos tirados e sen poder bloquear as tarxetas do banco. Aínda así, tivo que ver a grúa a rescatarnos e dende as catro da tarde, saímos de alí ás sete", lamenta.


Denuncia

Agora está a espera de poñer denuncia. "Non se pode poñer ata mañá ás nove horas porque non daban cita para antes", sinala.


Hai que ter moito coidado e non deixar nada de valor nos vehículos porque en días pasadas houbo roubos similares no concello veciño de Santiso. Moita precaución!!


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page