Ecos da Comarca/Santiso
Este domingo produciuse un roubo nun coche estacionado diante da igrexa de Visantoña, no concello de Santiso.

"Esta mañá ás 12 do mediodía diante da igrexa de Visantoña alguén desalmado entroume no coche roubándome o bolso con todas pertenencias no seu interior... Pido a colaboración dos asistentes a misa en Visantoña por se alguén viu algo e me pode axudar a descubrir aos autores destes furtos que acontecen cada vez máis a miúdo. Oxalá saiba quen son porque xente ruín, penosa e sen corazón neste mundo sobra!", lamenta a muller afectada a través das súas redes sociais e pide difusión para ver se alguén pode dar algunha pista sobre o autor ou autores.
Estes romperon un cristal do vehículo para conseguir o seu obxectivo. A afectada xa interpuxo denuncia.
Comments