top of page
Perruquería Marisa.gif

Ao menos catro lumes forestais na comarca de Deza en dúas días

Laura Moure/Deza

Incendio de Órrea. Autor: Ecos da Comarca.

Entre o xoves e o venres orixinaronse ao menos catro lumes forestais na comarca de Deza, en concreto tres no municipio de Agolada e outro en Lalín.


O xoves pola noite xa informábamos dende este Medio dun lume que afectaba á parroquia agoladesa de Ventosa. Este foi extinguido de madrugada e calcinou 30 hectáreas. Pois onte, venres, rexistráronse outros dous neste municipio: un na parroquia de Bais e outro como xa informábamos dende ECOS DA COMARCA dende o propio lugar do incendio, na de Órrea. Mentres o de Lalín afectou ao lugar de Alperiz.

O lume de Órrea. Autor: Ecos da Comarca


Esta é a información proporcionada pola Consellería de Medio Rural sobre estes lumes:

San Paio de Bais (Agolada)

-Inicio: 16:42 horas.

-Extinguido: 18:15 horas.

-Superficie 0,35 hectáreas rasas.

-Participaron: 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.

 

Órrea (Agolada)

-Inicio 21:37 horas.

-Extinción: 23:38 horas.

-Superficie 0,15 hectáreas rasas e 0.15 hectáreas arboradas.

-Participaron: 2 axentes, 1 brigada e 1 motobomba.

Mentres os datos do de Alperiz na parroquia lalinense de Parada son:

-Inicio: 17:27 horas.

-Extinción: 20:11 horas.

-Superficie 0,7 hectáreas rasas e 2 hectáreas arboradas.

-Participaron: 3 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.


Información do lume de Ventosa nos enlaces:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page