top of page

Un lume forestal xa calcinou unhas 20 hectáreas na parroquia agoladesa de Ventosa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 31 mar 2023

Laura Moure/Agolada

O lume visto dende a parroquia de Trabancas. Autora: A.R.

A última hora da tarde unha veciña das comarcas enviábanos esta foto dun lume que se vía dende a parroquia agoladesa de Trabancas. Tras contactar coa Consellería de Medio Rural confirmáronos que se trataba dun incendio forestal na parroquia de Ventosa, neste mesmo municipio.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Pasamos escasos minutos das 21:00 horas, Medio Rural informou a este medio que "actualmente hai un incendio activo en Agolada, na parroquia de Ventosa, que rolda as 20 hectáreas. O inicio foi ás 16:57 horas desta tarde e están traballando na extinción 7 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 pá, 2 avións e 3 helicópteros".


Cabe mencionar que nas tarefas de extinción participaron en gran medida catro persoas de Protección Civil de Agolada e a motobomba do municipio porque co aire que fai hoxe dificultou a intervención dos helicópteros, tal e como sinala Protección Civil.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

No lugar os alí presentes reclamaban máis medios por parte da Xunta.


"Agora mesmo nós xa nos retiramos. No lugar queda a pá e os axentes arrefriando a zona", indicou Protección Civil sobre as 22:30 horas deste xoves.


E tal e como tamén informa Medio Rural a través das súas canles oficiais este lume quedou estabilizado hai aproximadamente unha hora.


ACTUALIZACIÓN (11:00 HORAS). O lume quedou extinguido esta madrugada. Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/extinguido-o-lume-na-parroquia-agoladesa-de-ventosa-que-arransou-30-hect%C3%A1reas

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page