top of page

Extinguido o lume na parroquia agoladesa de Ventosa que arransou 30 hectáreas

Laura Moure/Agolada

Tal e como informamos onte pola noite en ECOS DA COMARCA un lume forestal estaba afectando á parroquia agoladesa de Ventosa no que xa había unhas 20 hectáreas calcinadas tal e como nos informara a Consellería de Medio Rural. Finalmente, foron en total 30 afectadas.

Foto de arquivo.

Segundo os datos proporcionaodos por Medio Rural esta mañá, o lume iniciouse ás 16:57 horas de onte, xoves, e quedou extinguido esta madrugada, ás 3:20 horas.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Os medios que participaron na extinción, segundo a Consellería, foron oito axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pá, dous avións e tres helicópteros, ademais, de Protección Civil de Agolada e da propia motobomba deste municipio.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O lume arrasou 30 hectáreas: 20 arboradas e 10 rasas.


NOTICIA RELACIONADA:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page