top of page

Alerta por choivas en boa parte das comarcas

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta vén de activar desde a madrugada deste sábado a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña e ademais mantense o nivel de aviso tamén laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Ademais, a Consellería, tamén anunciou desde a Secretaría Xeral para o Deporte a suspensión da actividade deportiva no mar nos concellos afectados.


Publicidade  

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), as precipitacións afectarán ao oeste da Coruña desde a madrugada de onte e prevense chuvias acumuladas ao longo da xornada de hoxe de 80 milímetros en 12 horas. No oeste e suroeste da Coruña e na provincia de Pontevedra a alerta será amarela por choivas e por vento en Coruña, na Mariña lucense, no interior de Pontevedra e na montaña de Ourense.


Canto ao temporal costeiro, a alerta laranxa estará activa desde a tarde de onte en toda a costa coruñesa por vento do sur ou suroeste de forza 8 e con mar combinada do suroeste con ondas de ata cinco metros. O litoral pontevedrés, que onte estivo en alerta amarela, pasará a nivel laranxa a primeiras horas da xornada de hoxe.  


A Xunta lembra a importancia de circular con precaución ante as intensas precipitacións e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Canto ao temporal costeiro, recoméndase manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.


Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page