top of page

Alerta amarela por tormentas para hoxe, 9 de novembro, en boa parte das comarcas

hace 12 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou para hoxe, luns 9 de novembro, o nivel de alerta amarela por tormentas para varias zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Segundo o aviso remitido por Emerxencias Galicia este domingo, 8 de novembro, en base ao boletín da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), as tormentas afectarán ao oeste e suroeste da provincia da Coruña, así como ao sur, montaña e Valdeorras, en Ourense, e á provincia de Pontevedra.

 PUBLICIDADE

O episodio meteorolóxico adverso está previsto que comece a media tarde deste luns, 9 de novembro, e que se prolongue ata a madrugada do martes, día 10.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde Emerxencias recoméndase manter a precaución ante a posible aparición de fenómenos tormentosos durante este período.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page