Unha persoa ferida nun accidente entre catro coches en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
Este luns de madrugada rexistrouse un accidente de tráfico en Lalín no cal se viron implicados catro coches. O suceso ocorreu ás 5:25 horas.

Tal e como informa Emerxencias Lalín tratouse dunha saída de vía na N 525 á altura do quilómetro 291 na Rúa da Corredoira e víronse implicados catro vehículos.
PUBLICIDADE
Unha persoa resultou ferida leve e foi trasladada por unha ao 061 o Centro Integrado de Saúde (CIS) de Lalín.
PUBLICIDADE
Ademais de Emerxencias Lalín e do 061 tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios