top of page

O obradoiro de emprego 'A Carqueixa' mellora en Lalín instalacións e espazos naturais

hace 12 horas
1 min de lectura

Laura Moure/Lalín

A concelleira de Emprego, Beatriz Canda, destaca que os traballos desenvolvidos durante os meses de setembro e outubro polo alumnado do obradoiro de emprego A Carqueixa, permitiron avanzar na mellora e conservación de instalacións municipais e espazos naturais, ao tempo que os participantes adquiren formación práctica nas súas respectivas especialidades.

O obradoiro, que comezou o pasado 29 de xuño e se prolongará ata o 28 de marzo de 2027, ten unha duración de nove meses e conta con 20 alumnos-traballadores, dez por cada unha das dúas especialidades: conservación e mellora de montes e pintura decorativa en construción. O programa está financiado pola Xunta de Galicia cunha subvención de 479.052 euros.


Na especialidade de pintura, o alumnado realizou labores de vernizado e pintado da estrutura exterior de madeira do Auditorio Municipal, contribuíndo á súa conservación fronte ás inclemencias meteorolóxicas. Tamén se acometeron traballos de acondicionamento no campo de fútbol Manuel Anxo Cortizo, coa posta a punto das bancadas, varandas, portalóns de acceso e muro perimetral interior, ademais da elaboración de murais decorativos.

 PUBLICIDADE

Pola súa banda, na especialidade forestal, leváronse a cabo actuacións de roza e limpeza en distintos espazos naturais e nas inmediacións do casco urbano de Lalín, así como en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia da Xesta, seguindo o plan de traballo establecido.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Beatriz Canda valorou moi positivamente estas intervencións e subliña que o obradoiro de emprego A Carqueixa permite combinar a formación práctica do alumnado coa realización de traballos útiles para a veciñanza, contribuíndo á conservación dos espazos públicos e á mellora das infraestruturas municipais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page