Ecos da Comarca/Xeral
A Xunta de Galicia activou, desde este venres e ata o domingo, o nivel amarelo por episodio de calor na comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense, por mor da persistencia das altas temperaturas nesta área. Ademais, tamén hoxe haberá alerta amarela nas comarcas.
Publicidade
A zona de Valdeorras, que engloba aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras. Para ter a consideración de episodio ou ola de calor, aínda que as temperaturas sexan elevadas durante o día, analízanse tamén as temperaturas mínimas que se acadan á noite.
No caso en que as temperaturas diúrnas e nocturnas superen os limiares medios históricos dunha zona é cando se decreta o episodio de menor ou maior duración, segundo o caso.
Hoxe sábado intensificase a entrada de aire cálido en superficie, en altura aproximarase aire frío traendo un aumento da inestabilidade atmosférica e coa posible formación de tormentas no interior. Aínda así, as temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso con valores por riba dos 39 graos no val do Miño.
Os avisos por altas temperaturas acadarán o nivel laranxa no Miño de Ourense e no de Pontevedra.
Publicidade
Agárdase que o domingo comecen a baixar as temperaturas en Galicia pero o descenso será menos significativo ao leste, onde se manterán aínda moi elevadas.
Recomendacións sanitarias
A Consellería de Sanidade traslada á cidadanía unha serie de consellos que poderán ser moi útiles para estes días de calor. É importante beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Ademais, deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou aquelas moi azucradas. Recoméndase comer verduras e froitas e evitar as comidas copiosas.
Publicidade
Respecto da vestimenta, recoméndase o uso de roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire.
No interior dos edificios permanecerase, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, poderán utilizarse ventiladores. Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.
Publicidade
No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin a ningún animal de compaña.
Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e as primeiras da tarde). Nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible e nunca inferior a quince.
Aos familiares ou veciños que vivan sos é conveniente facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoitan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.
Komentarze