A cita complétase con artesanía, obradoiros, música e actividades para os cativos
Laura Moure/Agolada
Despois do éxito da mostra de artesanía do mes de xullo de Agolada organizada pola Xunta, os días 10, 11 e 12 de agosto, Os Pendellos acollerán a súa XXVII Mostra de Artesanía. Neste caso, organizada polo Concello. Ademais de distintos postos de artesanía que chegan de distintos lugares, a cita complétase con talleres, música...
Sábado 10: Terá lugar a apertura da mostra ás 11:00 horas. Ás 12:30 horas será a inauguración que estará amenizada por Bico da Balouta. Ás 17 horas os máis cativos poderán desfrutar dunha festa da escuma e dun tobogán acuático na Praza do Concello. E a música chegará ás 19:30 horas a cargo de Amigos do Acordeón e Foles das Mariñas. Tamén na Praza do Concello.
Publicidade
Domingo 11: Apertura da mostra ás 10:00 horas. Ás 13:30 horas terá lugar o concerto de Xurxo Fernandes Levaino na Praza do Concello. Pola tarde, ás 17 horas, será o IX Festival de Bandas de Música de Agolada Marcos Areán tamén na Praza do Concello. Actuarán a Banda de Música de Catoira, a Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla e a Banda de Música Municipal de Agolada. Por último, ás 21 horas a velada correrá a cargo de Os Varacuncas.
Publicidade
Luns 12: O último día, coincidindo coa feira mensual, a apertura da mostra será ás 10 horas. Ás 12 horas actuarán Os Monifates que traerán o seu espectáculo De festa en festa. Terá como escenario a Praza da Randulfa. Ás 13:30 horas terá lugar O recuncho do autor na contorna do Pendellos e a actuación de Suso Aboy (pop rock español). Por último, e para poñer o broche final a esta edición da mostra, ás 18 horas haberá contacontos con Anxo Moure con O carballo con botas. Será no Pendello Capela.
Tamén haberá obradoiros:
Coiro : Sábado 10 de 16 a 17:30 horas impartido por Tony López
Trenzado de palla, o domingo 11 de 11 a 14 horas por Isabel Liñares
Pulseiras e trenzas : os tres días.
Comentários