top of page

Alberte Lamazares: "Os datos tamén xogan"

hace 3 días
3 min de lectura

O concelleiro de Deportes defende o investimento municipal no Cogal Rodeiro durante os últimos tres anos e pide que as reivindicacións do club se trasladen desde o diálogo, sen converter o deporte nunha ferramenta de confrontación política


Alberte Lamazares/Rodeiro

Compartimos esta tribuna libre do tenente de alcalde e concelleiro de Deportes de Rodeiro, Alberte Lamazares, sobre o comunidado emitido polo Cogal Rodeiro.


TRIBUNA LIBRE

Os datos tamén xogan


"Por norma xeral, as entidades sociais e deportivas do Concello de Rodeiro mantivéronse á marxe de querer participar no xogo político. Creo que así debe seguir sendo, porque o seu papel é traballar polo deporte, pola convivencia e pola vida social do noso municipio.


Por iso, despois de máis de 20 anos xogando no Cogal Rodeiro e coñecendo de primeira man tanto a realidade do club como as instalacións do campo de fútbol, causa certa sorpresa ver os diferentes comunicados que se fixeron públicos no día de onte (polo martes).


Non vou negar que quedan cousas por mellorar. Sempre as hai. Pero tampouco podemos esquecer cal era a situación da que partiamos.

Alberte Lamazares.
Alberte Lamazares.

Na lexislatura anterior había importantes deficiencias nas instalacións: o peche perimetral estaba totalmente deteriorado, as redes das porterías estaban rotas, o sistema de rega non funcionaba e non se realizaban tarefas habituais de limpeza nin de mantemento, tanto no interior como no exterior das instalacións.


Desde que asumín a responsabilidade desta área, o compromiso co club e coas súas instalacións foi evidente. E creo que é importante poñer enriba da mesa algúns datos:

1. Axudas económicas ao club

  • Lexislatura 2019-2023: 11.435,28 €.

  • Nos tres anos da actual lexislatura: 20.973,80 €.


2. Melloras nas instalacións

  • Arranxo integral do peche perimetral.

  • Reparación de todos os focos de iluminación.

  • Recuperación do funcionamento do sistema de rega.

  • Entrega de material deportivo ao equipo por primeira vez.

     PUBLICIDADE

3. Investimento en reparacións e mantemento

  • Lexislatura anterior: 1.894,75 €.

  • Desde 2023: 14.715,14 €.


Son cifras que falan por si soas. O investimento realizado nestes tres anos nas instalacións é máis de sete veces superior ao da lexislatura anterior. Pero hai outra cuestión que tamén considero importante destacar. A colaboración co Cogal Rodeiro non ten absolutamente nada que ver coa que se mantén con outras entidades deportivas, como os Veteranos, e estes últimos nunca tiveron necesidade de facer comunicados nin de trasladar publicamente as súas queixas.


Evidentemente, cada entidade ten as súas necesidades e a súa maneira de funcionar, pero creo que as reivindicacións deben facerse desde o diálogo e a vontade de colaboración, non convertendo as instalacións deportivas nun escenario máis da confrontación política.


De feito, na última solicitude rexistrada polo club, as peticións que se nos trasladaron foron a instalación dun videomarcador e a poda dunhas pequenas ramas que, ademais, xa foran cortadas non hai tanto tempo.


Tamén quero deixar claro que, tanto no problema relacionado co corte da auga como no da iluminación, o Goberno municipal actuou de maneira inmediata. No caso deste último domingo, tardei apenas dez minutos en desprazarme ata o campo de fútbol para comprobar persoalmente o sucedido.


Non pretendo dicir que todo estea perfecto nin que non queden cousas por facer. O que si considero que non é xusto é trasladar unha imaxe de abandono das instalacións que non se corresponde nin coa realidade nin co traballo realizado durante estes tres anos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Levo máis de 20 anos defendendo as cores deste club como xogador e agora tócame facelo tamén desde a responsabilidade de goberno. O meu compromiso co deporte de Rodeiro non naceu ao asumir unha concellería nin vai desaparecer cando deixe de tela.

As entidades deportivas merecen respecto, colaboración e apoio institucional. Pero tamén merecen que se recoñeza o traballo feito e que non se utilicen como instrumento de confrontación política.


Porque unha cousa é defender o Cogal Rodeiro e outra moi distinta é querer xogar política co Cogal Rodeiro".


Alberte Lamazares, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes de Rodeiro


Comunicados do Cogal Rodeiro SD

Compartimos os comunicados feitos por este equipo nas súas redes sociais:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page