top of page

Alba Forno reclama que se lle dea solución ás fincas dos afectados pola obra da Avenida Xosé Cuiña

Os socialistas lalinenses acusan a Crespo de “xestionar de maneira lamentable un proxecto moi necesario que deixamos planificado e con fondos”


Ecos da Comarca/Lalín

A candidata a Alcaldía de Lalín polo PSdeG-PSOE, Alba Forno, vén de reclamar una solución para os veciños afectados na obra de Xosé Cuiña pola falta de acceso aos seus predios. Para a socialistas é inaceptable que non se teña en conta a necesidade de accesos ás fincas dos afectados e tamén a conexión a un camiño do Cinto Verde que enlazaba coa rotonda, financiado cos mesmos fondos DUSI Lalín SSUMA 21.

Así, os socialistas denuncian "a nefasta" xestión de Crespo “pois retrasou a obra todo o que puido para evitar que se relacionara co anterior Goberno” lembra Alba Forno, que tamén indica que a “Crespo herdou do goberno anterior una boa idea, os cartos e un proxecto de execución e en catro anos non vai ser capaz de facer a obra”. Ao mesmo tempo lembra como “doulle corenta voltas, reformou o proxecto, incluiu o asfaltado que o PP co tránsfuga lle votara en contra ao Goberno anterior, etc. e agora, despois de dilatalo todo o posible, atópanse fallos que minan a confianza dos veciños e veciñas que aportaron os seus terreos para a obra”.


Para os socialistas tamén é preocupante o asunto dos prazos “pois se non hai una rápida resolución e se enquista o conflito pode haber o risco de que a parte de financiamento europeo da obra se perda e iso sería imperdonable para un alcalde que podía ter resolta esta obra hai dous anos”. “Repítese un patrón dos gobernos de Crespo onde os mesmos técnicos municipais non acertan nas rasantes por presións políticas e logo pagan os cidadáns” sinalando que “se en lugar de pasear aos técnicos municipais para facer propaganda de proxectos electorais imposibles os tivera traballando en solucionar os problemas desta obra ,igual xa estaba rematada e coa veciñanza contenta”.

Por último Alba Forno ironiza en “como pode quedar a Praza da Igrexa con todos os desniveis existentes e Crespo metendo a pala, o do Parking pódese quedar pequeno”.


NOTICIA RELACIONADA:








0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page