top of page

Agolada e Vila de Cruces lanzan unha campaña de doazóns para axudar aos ucranianos

Ecos da Comarca/Deza

Nos últimos días son moitas as campañas e mostras de empatía para axudar a Ucrania, que está padencendo as consecuencias dunha maldita guerra impulsada por Rusia. Nas comarcas tamén se poden facer distintas doazóns, como por exemplo, en Palas de Rei, tal e como publicamos onte. Hoxe falamos dos Concellos de Agolada e Vila de Cruces, que teñen habilitados puntos para contribuír con esta causa.

No concello agoladés, tal e como demos en EN EXCLUSIVA ECOS DA COMARCA, o alcalde, Luis Calvo, volve ao municipio con 14 refuxiados tras viaxar el mesmo alá para traelos. Pero agora necesítase toda a axuda cidadá para esta xente que chega ao municipio. As doazóns poden facerse dende hoxe, martes, no Pendello Comedor ata as seis da tarde. Mentres, a partir de mañá, día 9, o horario será de 9:30 a 14:30 horas. Neste caso, para poder axudar aos refuxiados (14 persoas, a metade nenos) que viaxan co rexedor e co seu irmán Suso, precísase roupa de cama (sabas e mantas de 90 centímetros), alimentos e produtos de hixiene.


Mentres, en Vila de Cruces, tamén se está recollendo roupa e alimentos no local social da parroquia de Merza. "Dende o Concello de Vila de Cruces informamos que ademais de ter o punto de recollida no propio consistorio e a domicilio por Protección Civil, engadimos outro punto máis de recollida: o Local Social de Merza", informa o Concello.


Unha persoa responsable estará os seguintes días para a recollida:

  • Mércores de 17:30 a 20:00 horas.

  • Xoves de 17:30 a 20:00 horas.

  • Domingos xusto despois da misa

"Agradecemos a colaboración! Se dende algunha outra parroquia se ofrece algún voluntari@ para poñer outros puntos de recollida en outros locais sociais non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do 986 582 017", subliña o Concello.


NOTICIA RELACIONADA:

https://www.ecosdacomarca.com/post/palas-de-rei-env%C3%ADa-material-de-axuda-humanitaria-a-ucrania-e-o-concello-dona-500-quilos-de-alimentos


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page