top of page

Palas de Rei envía material de axuda humanitaria a Ucrania e o Concello dona 500 quilos de alimentos

Quen o desexe poderá facer as súas donacións esta semana en diversos puntos da vila establecidos para tal fin


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei envía unha remesa de diverso material de axuda humanitaria a Ucrania. Trátase dun paquete de víveres e medicamentos para os habitantes deste país afectados polo conflito bélico. En concreto, o Concello palense doa 500 quilos de alimentos non perecedeiros e diverso tipo de medicamentos xenéricos.

A súa vez, tal como indica o rexedor, Pablo Taboada, o Concello de Palas de Rei pon en marcha esta semana unha campaña solidaria, para que todos os particulares do municipio, que así o estimen oportuno, poidan contribuír cos habitantes de Ucrania, doando alimentos non percedeiros, nuns puntos que estarán habilitados a tal efecto nos edificios municipais e principais establecementos comerciais da vila para logo o Concello

envialos alá en sucesivas remesas de material de axuda.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page