O programa inclúe misa, unha ofrenda floral e comida
Ecos da Comarca/Agolada
Agolada albergará o 5 de novembro a XVI Xuntanza Xeracional. Foi en 1991 cando xurdiu esta tradición que se foi celebrando na maioría dos casos cada dous anos. De feito, tocaba en 2021, pero por mor da pandemia decidiron pospoñela. Cada ano está organizada por veciños diferentes e nesta ocasión, decidiron poñerse ao fronte Maruxa,
Fernando, Teresa e Fina.

O programa festivo arrancará ás 12:30 horas con misa en Ferreiroa e con posterior ofrenda floral nese cemiterio. E despois, sobre as 14:30 horas, terá lugar un xantar na parrillada Golada.
A esta celebración pode asistir quen queira, independentemente da idade, pero os
interesados en asistir á comida, que terá un custe determinado, deberán anotarse previamente e poderán facelo na Parrillada Golada, no Bar Central, no Bar A Praza ou
no Bar Avenida. O prazo para inscribirse acabará o 2 de novembro.
Comments