ADOS fai un chamamento á doazón de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo,
- ecosdacomarca

- hace 3 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo.

As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan máis de 400 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias ao longo de todo o ano.
PUBLICIDADE
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
PUBLICIDADE
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
PUBLICIDADE
Onde doar?









Comentarios