top of page

Aberto o prazo de inscrición ata o día 1 para participar na XIII Carreira do Cocido

Esta cita deportiva disputarase o 5 de marzo en Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

O 5 de marzo disputarase unha das carreiras máis importantes de Lalín, a que será a XIII Carreira do Cocido. A cita deportiva foi presentada onte polo concelleiro de Deportes, Avelino Souto, polo presidente do Atletismo Deza, Iago Pazo, e polo seu entrenador, Nacho Castro. Xa está aberto o prazo para anotarse ata o 1 de marzo e a inscrición terá un prezo de 10 euros, tanto para la modalidad de cinco como para a de dez quilómetros. Mentres, ata a sub-23 incluida será gratuita, ademais para os escolares.

Os interesados poden obter toda a información na seguinte ligazón:

Degustación do plato estrela

Como xa se anunciara en meses pasados, este ano o obxectivo é que os participantes desfruten o resto do día pola localidade e por suposto, que poidan degustar o plato estrela de Lalín: o cocido. Por iso, estes poderán desfrutar desta delicatese a un prezo especial de 20 euros en catro locais que se sumaron a esta iniciativa. En concreto os establecementos que participan son os restaurantes Pontiñas, Villanueva, A Estación de Botos e Onde Antonio.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page