A XIII Carreira do Cocido de Lalín contará cun convenio con locais hostaleiros
- Laura Moure
- 28 dic 2022
- 1 Min. de lectura
O obxectivo é que os corredores e acompañantes se queden na localidade para degustar o prato estrela e que o poidan facelo por un prezo fixado pola organización, de 20 euros
Laura Moure/Deza

Para fomentar a XIII Carreira do Cocido e promocionar o Cocido de Lalín, desde o Club
Atletismo Deza, organizadores deste evento xunto co Concello de Lalín, propoñen a entrada de locais hostaleiros na programación desta cita deportiva, que está fixada para o 5 de marzo. "O obxectivo é que os/as corredores e acompañantes se queden en Lalín para degustar o prato estrela e que o poidan facer por un prezo fixado desde a organización, de 20 euros. Os locais e o Club realizarían un convenio e formarían parte dos patrocinadores da carreira", explica o clube dezá.
Este convenio será posto a proba este ano, en vista do alto número de corredores que houbo o ano pasado e se ten éxito manterase nas vindeiras edicións, polo que dende o club convidan aos locais que se animen a participar nesta iniciativa. Os locais interesados poden poñerse en contacto co club antes do 5 de xaneiro, inclusive, a
través do correo electrónico atletismo.deza@gmail.com ou no teléfono 623 189 677.
Comments