Abertas as inscricións para participar no VI do Trail da Carixa
- ecosdacomarca
- hace 7 minutos
- 1 Min. de lectura
Disputarase o 6 e 7 de setembro e inclúe moitas novidades
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O día 15 abríronse as inscricións para participar no VI do Trail da Carixa. "O 6 de setembro terá lugar o pequetrail tradicional para a nosas promesas e o 7 será a proba estrela, cunha morea de sorpresas, entre elas a proba contará con 2 quilómetros máis de percorrido que se dará na distancia íntegra que pasará de ser de 20 km a 22 km e na distancia de relevos, que discorrerá polo interior do Mosteiro de Carboeiro (Silleda), e pasará de 11 km a 13 km", adiantan dende a organización.

Tamén indican que se contará coa modalidade equipo na distancia longa "que corresponde a que dous membros que formen equipo teñen que realizar a proba de inicio a fin xuntos. Seguindo co aluvión de sorpresas este ano o circuíto celebrarase en sentido contrario ao habitual. Teremos máis sorpresas preparadas que se irán presentando a carón do peche de inscricións".
Publicidade
Contará cun total de 600 prazas que se repartirán do seguinte xeito entre as diferentes modalidades:
Trail individual 22 Km 200 prazas.
Trail por parellas 22 km 100 prazas
Trail por relevos 13 + 9 Km 100 prazas.
Trail cadete 9 K m 50 prazas.
Publicidade
Andaina 13 km 50 prazas.
Pequetrail: 100 prazas.
Os interesados poden anotarse a través da web ccnorte.com
댓글