top of page

A XXV recreación da Matanza Tradicional do Porco de Lalín será o 16 de febreiro en Catasós

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

A XXV recreación da Matanza Tradicional do Porco de Lalín vai ter lugar na Casa de Amorín, da parroquia de Catasós, o domingo 16 de febreiro de 2025.

O espazo ubícase na Casa de Amorín, no lugar de Antuín (Catasós), unha casa centenaria con orixe no S. XVIII, con eira empedrada, forno, alpendre acondicionado para labores diarios, curro, lareira, corredor como había antigamente nas casas de labranza, hórreo de tres claros e amplo saído.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de Festas e de zona, José Cuñarro, agredece en nome do Concello a cesión á familia Amorín e sinala que a asociación de veciños, a comisión de festas e o pedáneo da parroquia de Catasós, Antonio Fdez., están implicados nesta recreación que xa celebra a 25ª edición como parte da celebración da Feira do Cocido de Lalín.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page