top of page

A Xunta somete a información pública o proxecto dunha granxa de máis de 80.000 galiñas en Agolada

hace 2 horas
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

A Xunta de Galicia somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a construción dunha nova explotación avícola de posta no concello de Agolada. O proxecto, promovido pola empresa Avícola Axiaz, S.L., con domicilio social en Vila de Cruces, prevé unha capacidade para 80.788 galiñas poñedoras, destinadas á produción de ovos de tipo II.

Segundo o anuncio publicado hoxe, 12 novembro 2026, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a iniciativa contempla a construción dunha nave avícola e dun centro de clasificación e envasado de ovos, ademais dunha esterqueira para o almacenamento do esterco xerado pola actividade. A instalación estará situada na rúa Fondelo, en Agolada.

 PUBLICIDADE

No relativo á xestión ambiental, o proxecto establece que as augas residuais procedentes da limpeza das naves, dos aseos e dos vestiarios, así como os lixiviados da esterqueira, serán conducidos a depósitos estancos para a súa posterior xestión por parte dun xestor autorizado. Pola súa banda, as augas pluviais verteranse directamente ao terreo. O esterco producido na explotación tamén será recollido por un xestor autorizado.


30 días hábiles para presentar alegacións

A documentación do proxecto, que inclúe o estudo de impacto ambiental e o proxecto básico para solicitar a autorización ambiental integrada, permanecerá en exposición pública durante un prazo de 30 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Durante este período, calquera persoa interesada poderá consultar a documentación e presentar as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas. O expediente poderá consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, en Santiago de Compostela, así como na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no apartado de proxectos en información pública (GAIA).


Cabe mencionar que esta granxa súmase á outra de 365.000 galiñas poñedoras que tamén se pretende instalar neste municipio e que está tendo gran oposición social.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page