A Xunta e o Concello de Lalín abordan diversos proxectos para mellorar o saneamento na localidade
Ecos da Comarca/Lalín

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse onte co alcalde de Lalín, José Crespo, para abordar diversos proxectos municipais para mellorar o servizo de saneamento neste concello.
Durante unha reunión que mantiveron onte en Santiago de Compostela, a conselleira e o rexedor coincidiron na necesidade de seguir avanzando no desenvolvemento de iniciativas que permitan ofrecer un servizo eficiente e de calidade á veciñanza.
PUBLICIDADE
Esas actuacións, que serán estudadas por persoal municipal e polos técnicos de Augas de Galicia completarían as melloras xa acadadas coa construción do tanque de tormentas de Pontiñas e dos colectores interceptores, que supoñen un aumento da capacidade de almacenamento na rede de saneamento ante episodios de choiva e un incremento da capacidade de depuración da EDAR.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Nesa liña, a conselleira lembrou que o Goberno galego ten o firme compromiso de apoiar técnica e economicamente aos concellos, tal e como vén facendo desde hai anos, para que poidan exercer as súas competencias en materia de abastecemento e de saneamento dun xeito máis eficiente.









Comentarios