top of page

A Xunta concede máis de 70.000 euros á empresa agoladesa Maderas Torreira

O delegado territorial destaca a importancia das empresas familiares que foxen do estancamento e seguen investindo para mellorar os seus servizos e ser máis competitivas


Ecos da Comarca/Agolada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este luns as instalación da empresa Maderas Torreira, no concello de Agolada, que foi unha das beneficiarias das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais da Xunta.


En concreto, Maderas Torreira recibiu unha achega de máis de 70.000 euros que lle permitiu investir nun transportador de serraduras; nun elevador de baleiro para madeira

serrada; nunha liña de transportadores; e nun tanque de recollida de tacos. Ademais, a

empresa adquiriu unha serra de cinta monocorte.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe destacar que estas axudas beneficiaron a oito empresas na área territorial de Pontevedra, por valor de máis de 900.000 euros.


O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor a importancia das empresas familiares como Maderas Torreira que, “lonxe de estancarse, seguen investindo os seu tempo e recursos en mellorar os seus servizos e ser máis competitivas”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Reguera lembrou que a Xunta seguirá apoiando este tipo de iniciativas “que modernizan o

noso sector forestal e industrial, mentres xeran postos de traballo”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page