A Cafetería Solaina de Melide festexa o seu 25 aniversario o 11 de abril cunha gran celebración
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
A Cafetería Solaina de Melide celebrará o seu 25 aniversario cunha gran festa aberta ao público o vindeiro sábado 11 de abril de 2026 a partir das 18:00 horas, cun programa cheo de música, gastronomía e actividades para todas as idades.

O establecemento melidense prepara unha xornada especial para conmemorar máis de dúas décadas de traxectoria, na que non faltará a animación musical a cargo de Compostela Band, DSYPL e o grupo Claxxon, que actuarán ao longo da tarde e noite para poñer ritmo á celebración.
Ademais da música en directo, a organización ofrecerá múltiples propostas de lecer e degustación para o público asistente, entre elas:
posto con churrasco
cortador de xamón
pinchos variados
inchables para a rapazada
toro mecánico
agasallos sorpresa
PUBLICIDADE

Como parte da programación tamén haberá sorteos especiais, entre os que destacan:
un tratamento para dúas persoas no Hotel Balneario Pambre
unha cea para catro persoas no Restaurante Agolada
Publicidade
Desde a organización animan á veciñanza da comarca e arredores a achegarse a celebrar este aniversario tan sinalado, que pretende converterse nunha tarde-noite festiva de convivencia e agradecemento á clientela que acompañou ao local ao longo destes 25 anos.







Comentarios