Comeza a rodaxe da serie 'Lobo' en Agolada e busca figurantes
- Laura Moure

- hace 34 minutos
- 1 Min. de lectura
Tamén se filmará noutros lugares como en Sobrado dos Monxes
Laura Moure/Agolada
Lobo é unha miniserie de Vaca Films para Netflix que conta cunha das axudas da Xunta de Galicia para a atracción de rodaxes audiovisuais á nosa Comunidade e que se vai rondar en lugares das comarcas como Agolada e Sobrado dos Monxes, ademais de Santiago de Compostela e outros escenarios como O Courel, Celanova, Ribadavia, ou Monfero, entre outros. Trátase dun thriller psicolóxico.

Ambientado na Galicia rural da primeira metade do século XIX, este thriller psicolóxico recreará en seis capítulos o caso real de Manuel Blanco Romasanta, o “Lobishome de Allariz” e primeiro asasino en serie documentado en España, que está a ser interpretado por Luis Tosar. Alberto Marini, quen asina o guión xunto a Juan Galiñanes, é tamén o seu director con Javier Rodríguez Delgado.
PUBLICIDADE

Pola súa banda, Tristán Ulloa encarna o fiscal á fronte da acusación nesta caso, no que Romasanta alegou ser un lobishome, dando así lugar ao nacemento dunha lenda negra.
Netflix anunciou a rodaxe de Lobo como unha das súas principais apostas con estrea prevista para o ano que vén.
Publicidade
A rodaxe en Agolada terá lugar esta semana e buscan figurantes:








Comentarios