top of page

A Xunta arquiva definitivamente o proxecto da fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei

Ulloa Viva celebra o novo anuncio de arquivo de Altri e pide “contundencia” á Xunta para “enterrar o proxecto”

Ecos da Comarca/A Ulloa

A Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou este venres o arquivo definitivo do expediente do proxecto da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei, para instalar unha fábrica de celulosa. A Xunta considera que as alegacións presentadas pola empresa non son "axeitadas ou suficientes" para seguir adiante e que a factoría é "inviable" nas condicións expostas. Pola súa banda, Ulloa Viva celebra o novo anuncio de arquivo de Altri e pide “contundencia” á Xunta para “enterrar o proxecto”


A conselleira xa llelo comunicou ao propia empresa, tal e como declarou aos medios en Santiago de Compostela, durante a celebración dun acto. Nesas declaracións tamén aclarou que se trata dunha resolución administrativa e que, polo tanto, cabe recurso contra ela. 

Unha das manifestacións contra Altri.
Unha das manifestacións contra Altri.

Pola súa banda, a Plataforma Ulloa Viva quere celebrar hoxe con todas as galegas e galegos "que levan loitando con nós case 4 anos contra o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, o anuncio por parte da Xunta de Galicia da desestimación das alegacións de Greenfiber e o arquivo definitivo do proxecto, xunto coa consideración da macrocelulosa como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE)". Diante da notificación recibida a respecto por parte da Consellería de Industria, Ulloa Viva non pode máis que “estar felices, pero ao mesmo tempo mantemos a cautela”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde o equipo de legal da Plataforma Ulloa Viva intensifícase agora o traballo para analizar esta resolución da Xunta de Galicia e redeseñar a estratexia legal que a Plataforma ten en marcha na loita contra a macrocelulosa. "Sabemos que contra a

resolución emitida hoxe pola Xunta de Galicia cabe recurso de reposición contencioso administrativo por parte da empresa no prazo dun mes polo que non podemos estar completamente satisfeitos porque de novo temos por diante un prazo dun mes que ten a empresa para recorrer".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Plataforma Ulloa Viva lamenta que “logo de seis manifestacións masivas por toda Galicia ao berro de Altri Non, a Xunta de Galicia se limite a anunciar o arquivo definitivo do proxecto porque non ten electricidade”. "Desde Ulloa Viva levamos anos dicindo que o proxecto da macrocelulosa en Palas de Rei non ten licencia social por ser un proxecto malo para nós e para as nosas fillas e fillos, que debería ser máis que suficiente para que un goberno responsable tivera rematado co sufrimento das veciñas e veciñas fai anos”.


Chegados a este punto, a Plataforma Ulloa Viva quere lembrar que o que acontecerá con este arquivo definitivo que anunciou hoxe a conselleira de Economía é que “queda claro que gañou a vida, que as veciñas e veciños da Ulloa, o Deza, Terra de Melide, Arzúa até a Ría de Arousa conseguimos loitar contra un proxecto que Xunta e Altri tentaron impoñernos pola forza”. Neste punto, e diante das “incertezas que seguen quedando a respecto do arquivo do proxecto, Ulloa Viva quere deixar claro a Xunta e Altri que seguimos vixiantes e nos terán sempre en contra do espolio e na defensa do noso territorio e o noso modo de vida”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde este colectivo recalcan que “seguimos e seguiremos demandando que a Xunta de Galicia denegue o proxecto, que o enterre, por incompatible coa vida”. "Ademais, queremos aproveitar tamén para lembrarlle a Altri que as súas mentiras xa non caben aquí” e instan á empresa a que “non insista” neste proxecto porque “esta terra será defendida ata as últimas consecuencias. Non poden gañar”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page