top of page

A Valedora finaliza a investigación sobre o topónimo do Sisto tras responderlle a Alcaldía de Dozón

Sen embargo, Mario Vila, o veciño que demandou a súa correcta nomenclatura, non está totalmente dacordo


Ecos da Comarca/Dozón

O pasado mes de agosto a Valedora do Pobo informou ao veciño de Dozón Mario Vila que lle volvera requerir ao Concello de Dozón que lle remita a documentación e demais xustificación complementaria sobre a petición deste ente local para que o resto de institucións e demais organismos muden a nomenclatura de O Sisto á súa correcta forma, tal como se indica na norma vixente e tal e como leva demandando anos Vila. Agora nos últimos días a Valedora do Pobo informou a este veciño que dá por finalizado o proceso, algo co que non está dacordo Vila.


A Valedora sinala que nesa institución iniciouse expediente de queixa como consecuencia do seu escrito referente á falta de actuación do Concello de Dozón na corrección dun erro na toponimia dunha parroquia. "Nesa queixa, esencialmente, indicaba que non obtivera resposta nin atención ante as reiteradas solicitudes na que se esixía a corrección e o cumprimento da normativa sobre a toponimia no concello de Dozón, en concreto, aplicar a correcta nomenclatura da parroquia onde reside vostede, que é O Sisto. Manifestaba na queixa que dende o 2013, e logo no 2020, coa mediación da RAG, non contestaron nin actuaron para aplicar a lei. O Concello de Dozón non iniciou o proceso para mudar e corrixir o requirido e a Xunta de Galicia, dende a súa competencia, estaba pasiva para aplicar a normativa".

Autor: Ecos da Comarca.

Ante iso a Valedora sinálalle a Vila que lle requiriu información o Concello de Dozón e que xa llela remitiu. "No informe achegado pola Administración sinálase que por parte do concello procedeuse á modificación do topónimo obxecto desta queixa en todas aquelas localizacións que dependen directamente da entidade local como a páxina web oficial (www.dozon.gal) e a páxina municipal de turismo (www.dozonturismo.es). O alcalde manifesta que reuniuse persoalmente con responsables de estradas tanto da Deputación de Pontevedra como do Ministerio de Fomento co obxectivo de axilizar o máximo posible a adaptación da toponimia á lexislación vixente. En canto a outros organismos como o INE e o IGE esta mesma solicitude formulouse telefonicamente".


Ademais, indica que a Alcaldía comunica "que todos os participantes comprometéronse a realizar as xestións correspondentes coa maior celeridade posible. Analizado o seu escrito de queixa e o exposto no informe do citado concello, non se aprecia inacción nin pasividade por parte do concello ao que só cabe esixir inmediatez no cumprimento das competencias propias en materia de toponimia. Comprobada a páxina web do IGE, aparece tamén modificado o nome da parroquia de O Sisto (San Xoán) nas táboas nas que se da información sobre ese núcleo de poboación. Por todo o sinalado, en principio non parece preciso continuar a investigación iniciada como consecuencia do seu escrito de queixa e conclúese este expediente, sen prexuízo de reabrilo á súa instancia se vostede nos comunica novos datos ou circunstancias non coñecidos ou tidos en conta nas actuacións realizadas ata este momento", subliña a Valedora nun escrito enviado a Vila e que este veciño nos enviou a este medio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sen embargo, Vila non está dacordo con todo e esta é a resposta que lle enviou á Valedora:

-Ata a data de presentar esta, o proceder por parte da administración local de Dozón, tal como constan nos expedientes e rexistros presentados, tanto a este ente coma o resto de organismos públicos, relaccionados coa correcta aplicación da toponimia oficial demandada, non seguíu nin procedeu a realizar ningunha acción para solucionar dita demanda, nin tan sequera deu resposta ás solicitudes presentadas nese periodo.

-A miña queixa ía encamiñada a deixar constancia da pasividade municipal para lograr dar vixencia a un Decreto da Presidencia da Xunta de Galiza do ano 1998 e facer cumprir a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística. En concreto establece no seu artigo 10 que "os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega". O mesmo artigo dispón que lle "corresponde á Xunta de Galiza a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia".

-O caso aberto no expediente compete ao municipio de Dozón a describir e dar traslado á Xunta de Galiza das solicitudes presentadas sobre a toponimia para que estas sexan valoradas e correxidas según corresponda. Tamén facilitar e facer cumprir a correcta toponimia no seu ámbito municipal.

-Unha vez aberta a investigación por parte do Valedor do Pobo parece que dende a Alcaldía exerceron un papel colaborador e, de xeito informal realizan trámites de contactos para solucionar ditos incumprimentos máis a queixa inicial fundamentada coa documentación achegada segue sen resolverse. O INE mantén unha nomenclatura errónea que incumpre a toponimia en toda a súa base de datos e aporta listados de enderezos postais sen aparecer a toponimia oficial. Segue a facilitar a individuos e a

empresas e resto de sociedades, tanto comerciais coma de servizos, nomes que incumpren a normativa vixente.

- A función que corresponde ao Valedor do Pobo non se ve desenvolta ante estes feitos e só mostra unha postura de mediación e arbitraxe sen determinar unha posición protectora e menos resolutivada da queixa presentada. Tampouco detalla unha cronoloxía nin amosa datas das acción que se requeriron ao municipio de Dozón para cumprir o manifestado. Non sei se deu traslado de oficio ao organismo dependente da Xunta de Galicia para garantir e velar polo cumprimento da normativa linguística.

-O que si é acaído e benvido é que por fin, según me indica, o Concello de Dozón xa se responsabillice e tome medidas aínda que sexa a posteriori da queixa e forzado para facer cumprir o propio informe que me indica que lle remitíu. Un informe que carece de constatación das acción en principio tomadas.


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page