Ecos da Comarca/Dozón

O veciño de Dozón Mario Vila ante a ausencia de resposta e atención ante reiteradas solicitudes na que se esixía a corrección e o cumprimento da normativa sobre a toponimia no municipio de Dozón, en concreto, aplicar a correcta nomenclatura da parroquia onde reside: O Sisto, presentará esta demanda ante a Valedora do Pobo.
Publicidade
"Dende o 2013 e logo no 2020, coa mediación da RAG, nin tan sequera contestaron nin actuaron para aplicar a lei. O Concello de Dozón auséntase no proceso de esixir mudar e correxir o requerido e a Xunta de Galicia, dende a súa competencia, está pasiva para aplicar a normativa. Ante estes feitos véxome forzado a recorrer á Valedora do Pobo Galego para ter o seu amparo e gozar da súa valía para que a reiterada reclamación sexa finalmente atendida", recalca Vila.
Commentaires