top of page

Miriam Arias Panadeiros toma posesión como nova concelleira de Rodeiro

hace 7 minutos
3 min de lectura

O Pleno aprobou unha modificación de crédito de máis de 251.500 euros para reforzar os servizos municipais


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro celebrou onte unha sesión plenaria na que se produciron dous asuntos destacados: a toma de posesión de Miriam Arias Panadeiros como nova concelleira da Corporación municipal, asumindo as áreas de Urbanismo, Traballo e Traballo Social, e a aprobación dunha modificación de crédito por importe de 251.518,49 euros, destinada a adaptar o orzamento municipal ás necesidades actuais e reforzar diferentes servizos e actuacións prioritarias.


O alcalde, José Luis Camiñas, deulle a benvida á nova edil e trasladoulle os seus mellores desexos nesta nova etapa, na que asumirá responsabilidades en tres áreas de especial importancia para a xestión municipal e a atención á cidadanía.

Pola súa banda, a modificación de crédito foi defendida polo tenente de alcalde e concelleiro de Economía, Alberte Lamazares, quen explicou a necesidade de actualizar as previsións orzamentarias e incrementar os recursos destinados a diferentes servizos municipais. A proposta afecta a un total de 15 aplicacións orzamentarias e finánciase integramente con cargo aos maiores ingresos dos que dispón o Concello, segundo as previsións recollidas no informe da Intervención municipal.


Máis recursos para o persoal e a mellora dos servizos municipais

Unha parte importante da modificación, concretamente 181.269,08 euros, destínase a reforzar as partidas de persoal municipal, adaptando as previsións orzamentarias á realidade actual do cadro de persoal e aos custos laborais do exercicio.

 PUBLICIDADE

Neste sentido, Lamazares destacou "o incremento de persoal que se produciu durante a presente lexislatura, especialmente na área de servizos básicos, grazas á incorporación de traballadores a través de diferentes programas autonómicos e provinciais. Este reforzo está a ter unha repercusión directa na mellora dos servizos municipais, tanto nos traballos de limpeza e mantemento do casco urbano e das aldeas como nas tarefas de bacheo e acondicionamento das pistas municipais".


Por segundo ano consecutivo, máis de 55.000 euros para as asociacións

Outro dos aspectos destacados da modificación é o incremento dos recursos destinados á colaboración coas entidades culturais e deportivas do municipio, cunha dotación adicional de 41.556,72 euros. "Deste xeito, por segundo ano consecutivo, o Concello supera os 55.000 euros en axudas ás asociacións culturais e deportivas, fronte aos aproximadamente 40.000 euros que se destinaban durante a etapa anterior".


Durante a súa intervención, Lamazares puxo en valor o traballo que desenvolven estas asociacións na organización de actividades, na dinamización social e na promoción da cultura e do deporte en Rodeiro. Así mesmo, destacou que o apoio ao tecido asociativo constitúe unha das prioridades do goberno municipal, polo importante papel que desempeñan estas entidades na vida social e cultural do municipio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Máis recursos para o mantemento das pistas municipais

A modificación contempla tamén unha achega de 28.692,69 euros á Mancomunidade Terras do Deza, destinada a manter o incremento dos días de utilización da maquinaria para o arranxo e mantemento das pistas de zahorra. "Este servizo permite ao Concello intervir en diferentes camiños secundarios da rede viaria municipal, mellorando o seu estado e facilitando os accesos ás explotacións agrícolas e gandeiras. Trátase dun recurso especialmente importante nun municipio cunha elevada dispersión territorial e cunha actividade agrogandeira de grande relevancia, onde o mantemento da rede de camiños resulta fundamental para garantir a mobilidade da veciñanza e facilitar o desenvolvemento da actividade económica", salienta.


Adaptar o orzamento ás necesidades reais de Rodeiro

Na defensa da proposta, Alberte Lamazares incidiu na importancia de contar cun orzamento que poida adaptarse ás necesidades que van xurdindo ao longo do exercicio, permitindo reforzar aquelas áreas nas que resulta necesario incrementar os recursos.

A modificación suma 251.518,49 euros en suplementos de crédito, financiados na súa totalidade mediante maiores ingresos municipais. Esta actualización permitirá atender os custos reais do persoal, consolidar o apoio ao tecido asociativo e manter os recursos destinados á conservación e mellora das infraestruturas municipais.


"Con esta modificación, o Concello de Rodeiro continúa avanzando no obxectivo de reforzar os servizos públicos, apoiar a actividade das asociacións e mellorar as infraestruturas municipais, dando resposta ás necesidades da veciñanza e contribuíndo ao desenvolvemento do conxunto do municipio", conclúe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page