top of page

A Valedora do Pobo solicitará información ao Concello de Dozón sobre a demanda de Mario Vila

Este veciño de Dozón solicita que O Sixto pase a ser O Sisto


Ecos da Comarca/Dozón

A pasada semana o veciño de Dozón Mario Vila, ante a ausencia de resposta e atención ante reiteradas solicitudes na que se esixía a corrección e o cumprimento da normativa sobre a toponimia no municipio de Dozón, en concreto, aplicar a correcta nomenclatura da parroquia onde reside: O Sisto, presentou esta demanda ante a Valedora do Pobo. Este luns recibiu contestación deste organismo.


Publicidade

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández, sinala que "iniciamos as actuacións oportunas ante o Concello de Dozón. En concreto, requirimos desta administración que no prazo de 15 días, de acordo co previsto no artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo, nos facilite información sobre os problemas que motivan a súa queixa. Tan pronto como recibamos o preceptivo informe que esta administración ten que remitirnos poñerémonos en contacto con vostede para darlle conta da nosa actuación ao respecto".



Publicidade



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page