top of page

Ulloa Viva celebra unha andaina conmemorativa da manifestación de Palas do 26 de maio de 2024

A iniciativa será hoxe, sábado 24


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A manifestación contra Altri en Palas o 26 de maio do ano pasado.
A manifestación contra Altri en Palas o 26 de maio do ano pasado.

O colectivo Palas Viva da Plataforma Ulloa Viva quere convidar a toda a veciñanza a participar hoxe, 24 de maio, na andaina conmemorativa da histórica manifestación de Palas de Rei do 26 de maio de 2024, que marcou un fito na loita en defensa do noso territorio fronte á ameaza da macrocelulosa de ALTRI.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A saída será ás 11:00 horas dende a Praza do Concello de Palas de Rei, cun percorrido

que discorre 10.3 km polo Camiño de Santiago ata a Finca de Quintas, na aldea de A Vacariza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Esta andaina ten como obxectivo lembrar o compromiso colectivo que fixemos hai un ano, cando milleiros de persoas saíron ás rúas para defender as súas comarcas, as súas augas, as súas terras e o seu futuro. Foi un acto de dignidade, de unión e de esperanza que queremos manter vivo na memoria e na acción", recalca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page