top of page

A Ulla Viva sobe ao Pico Sacro para berrar contra Altri

Hoxe hai concentracións en distintos concellos


Ecos da Comarca/Xeral

O colectivo A Ulla Viva organizou onte unha actividade reivindicativa pola que ducias de persoas subiron até o Pico Sacro para protestar contra a instalación de Altri en Palas de Rei e as súas afectacións e impactos en toda a bacía do Ulla. Convocados por A Ulla Viva, os asistentes percorreron o treito desde a Capela de San Sebastián até o alto do Pico Sacro, onde despregaron bandeiras e cartaces contra a instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa e a súa afectación aos concellos e máis de 140.000 habitantes que se abastecen do río Ulla até a súa desembocadura na ría de Arousa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O colectivo A Ulla Viva tiña programada esta actividade antes de que o pasado 14 de marzo o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicada a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva para Altri. A Ulla Viva, como o resto dos concellos afectados polo proxecto da macrocelulosa, acolleron o venres como “un mazazo” esta primeira autorización da Xunta de Galicia ao proxecto de Altri-Greenalia. "Hoxe, domingo 16 de marzo, tamén os concellos da Ulla Viva están convocados ás doce do mediodía en Pontevea nun acto reivindicativo e de protesta contra esta autorización do goberno galego á planta de Altri".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O colectivo A Ulla Viva deixou claro que esta DIA faborable da Xunta “non nos vai a dobregar, non nos imos render” e animou aos presentes a asistir en masa á manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) para o vindeiro 22 de marzo na Pobra do Caramiñal onde “por terra e por mar” o pobo galego vai a volver berrar contra Altri e contra a reapertura da Mina de Touro.


EN SANTISO SERÁ ÁS 11 HORAS.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page