top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Rede de Voluntariado de COGAMI forma a 57 persoas como voluntarias con fondos do 0,7% do IRPF

Ecos da Comarca/Silleda

COGAMI promove durante este ano o programa Rede de Voluntariado, enmarcado na Liña VI de Actuacións destinadas ao voluntariado. Financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos recadados polo 0,7% do IRPF, aportados por aquelas persoas que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social coñecido como X Solidaria, o programa de Voluntariado de COGAMI promove a visibilidade social das persoas con discapacidade, facilitando a participación activa como voluntarias nas diversas accións planificadas.

Con ámbito de actuación nas catro provincias galegas, leva a cabo accións que fortalecen ás sesenta entidades que forman parte do movemento asociativo de COGAMI, ademais de promover a igualdade de oportunidades na participación social das persoas con discapacidade. Este programa de Voluntariado ten como obxectivo principal a formación de persoas voluntarias e xestoras de accións de voluntariado, especialmente en programas innovadores dentro dos diferentes sectores establecidos na Lei de Acción Voluntariado. No que vai de ano están a participar 57 persoas, incluíndo tanto ás persoas voluntarias como ás xestoras, aquelas persoas que se encargan de planificar, coordinar e supervisar as accións de voluntariado.


Unha das prioridades do programa de Voluntariado é a mellora das competencias das persoas xestoras de voluntariado, co fin de ofrecer un servizo máis eficiente ás persoas con discapacidade. De igual xeito trabállase na mellora das competencias das persoas voluntarias, tanto nas relacionadas co voluntariado en xeral, como nas específicas do ámbito da discapacidade.


Publicidade

Outras das accións que recolle son a formación e acompañamento práctico individualizado para aquelas persoas que precisan apoios específicos ata que poidan exercer a súa actividade de xeito autónomo. Este enfoque é particularmente relevante para as persoas con discapacidade que requiren apoios para participar activamente nas actividades de voluntariado.


A través de programas como este de Voluntariado, COGAMI reafirma o seu compromiso coa igualdade e a inclusión, traballando para que todas as persoas poidan participar plenamente na sociedade. 




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page