A Plataforma Ulloa Viva celebra hoxe a súa asamblea anual e unha mesa redonda
- ecosdacomarca
- 20 abr
- 1 Min. de lectura
Serán na Casa da Cultura de Palas de Rei
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A plataforma Ulloa Viva convoca aos seus socios á asamblea anual que terá lugar hoxe, domingo 20 de abril, ás 16:00 horas na Casa da Culturas de Palas de Rei en primeira convocatoria. Nesta asamblea farase un repaso ás accións realizadas e anunciaranse novas datas clave na loita contra a macrocelulosa de ALTRI.
Publicidade
Publicidade
Pero hoxe mesmo, ás 12 horas, levarase a cabo unha mesa redonda na que se lle dará voz a diferentes loitas contra amenazas no territorio. Intervirán Sonia Mareque (Colectivo
Berce do Ulla), Isabel García (Plataforma Mina Touro - O Pino NON), Representante (Sos Suído e Comunidade de Montes de Doade), Nery Díaz (Plataforma veciñal contra a planta de Coeses), Antón Masa (Asociación Pola Defensa da Ría - APDR). Modera Mónica Cea (Plataforma Ulloa Viva).

Comments