top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil incauta en Melide máis de 2 toneladas de marihuana e un cruceño é o principal responsable

Ecos da Comarca/Melide

No marco da operación COPIDO, o Equipo ROCA da Garda Civil de Santiago de Compostela desarticulou un grupo criminal dedicado ao cultivo e distribución de cánnabis en Melide. A investigación, iniciada en 2023 tras recibir información sobre unha posible plantación de marihuana nunha leira invernada, culminou o pasado 30 de xullo coa intervención nunha propiedade que albergaba un invernadoiro de 3000m2.

Tras meses de minuciosa investigación e vixilancia, os axentes da Garda Civil centraron a súa atención nunha leira que incluía unha vivenda unifamiliar, un alpendre anexo e un invernadoiro dividido en catro módulos. A leira, situada nunha zona de pouco tránsito, foi identificada como o epicentro dunha operación de cultivo e distribución a gran escala de cánnabis. Coa autorización xudicial pertinente, o equipo ROCA levou a cabo a entrada e rexistro da leira.


Publicidade

No interior do invernadoiro, os axentes descubriron máis de 2.000 plantas de marihuana en fase de recolección, cun peso bruto de 2.080 kg. Ademais, nunha nave anexa de 300 m2, localizáronse dúas salas habilitadas para cultivos indoor e unha sala de secado, onde se aprehenderon 24 kg de cogollos listos para a distribución e 12 kg de cánnabis destinados á elaboración de haxix. A sofisticación da operación quedou evidenciada polos dispositivos de iluminación, calefacción, rega e ventilación instalados nos invernadoiros.


Publicidade

Os elevados beneficios obtidos do cultivo de marihuana impulsaron aos traficantes para alugar a propiedade por 1.000 euros mensuais, un prezo significativamente superior á media da zona

A investigación revelou que o principal responsable do cultivo, un home veciño de Vila de Cruces, estivera alugando a leira desde facía aproximadamente dous anos. Durante este período, os residentes da propiedade, plenamente conscientes das actividades ilícitas, accedían regularmente ás áreas de cultivo. Cinco persoas foron detidas baixo os cargos de cultivo ou elaboración de drogas, tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal.


Os detidos, xunto coa droga e os equipos incautados, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Arzúa, que decretou o ingreso en prisión provisional para o principal responsable. Esta incautación representa o maior alixo do ano en Galicia, destacando a magnitude da operación do grupo criminal. A Garda Civil mantén aberta a operación, non descartándose novas detencións en relación con este caso.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page