A edil de Servizos Sociais de Cruces lamenta as declaracións do PP pola morte do veciño de Fontao
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Ante as declaracións do Partido Popular de Vila de Cruces, ante o falecemento do octoxenario na súa vivenda en Fontao https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-vila-de-cruces-lamenta-o-falecemento-do-octoxenario-de-fontao-e-reclama-unha-reflexi%C3%B3n a concelleira de Servizos Sociais, Noemí Lois publicou un comunicado en redes sociais.

COMUNICADO DA CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS
"Nestes días o Partido Popular de Vila de Cruces realizou insinuacións moi graves sobre min, trasladando a idea de que puiden ter algunha responsabilidade no falecemento dunha persoa.
PUBLICIDADE
Reflexionei moito sobre se debía escribir estas palabras. Non por falta de argumentos, senón porque traballar en Servizos Sociais implica asumir unha obriga legal e ética: protexer a intimidade das persoas atendidas. Esa confidencialidade impídeme facer públicas as actuacións realizadas, mesmo cando servirían para responder estas acusacións, e sitúame nunha posición na que non podo defenderme do mesmo xeito que se me acusa.
PUBLICIDADE
En todo caso, cada chamada, cada visita, cada coordinación, cada intervención e cada recurso ofrecido quedan debidamente rexistrados e documentados. Esa documentación existe e é a que acredita as actuacións realizadas.
PUBLICIDADE
Limitarse a facer insinuacións públicas só contribúe a xerar sospeitas e a manchar a reputación das persoas, pero non resolve nin esclarece absolutamente nada. Se o Partido Popular considera que existiu unha actuación irregular, o camiño é a xustiza e non a exposición mediática.
PUBLICIDADE
Seguirei traballando coa mesma discreción, co mesmo respecto e coa mesma convicción de sempre".
Noemi Lois Blanco
Concelleira de Servizos Sociais










Comentarios