top of page

A directora xeral de Agader reunirase o día 12 coa Asociación Queremos Parcelarias en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

A parroquia agoladesa de Val de Sangorza acolleu onte, domingo, pola tarde unha reunión no que a Asociación Queremos Parcelarias en Agolada lles informou aos veciños de como está a situación para levar a cabo, despois de anos, as parcelarias en 10 parroquias deste municipio (Agra-Sexo-Val-A Baíña, Berredo-Basadre-Eidián-Ramil e Brocos e Sesto).

A reunión de onte celebrada en Val. Autor: Anxo Oro.

Un dos avances é que despois de que o colectivo solicitara unha reunión coa actual titular da Consellería de Medio Rural, María José Gómez, a Xunta comunicoulles que o 12 de setembro se poderán reunir coa directora de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Paz Rodríguez.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe mencionar que o BNG a través da deputada lalinense Ariadna Fernández criticou hai uns días a "falta de compromiso da Xunta" para levar a cabo estes procesos. A noticia no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-critica-a-falta-de-compromiso-da-xunta-coas-parcelarias-de-agolada



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page