top of page

A Deputación lanza a plataforma turística Smartguide para Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Laura Moure/Deza

Luis López anuncia que a Xunta de Goberno deu luz verde á contratación da prestación do servizo de implantación e mantemento da plataforma turística Smartguide para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun investimento de preto de 200.000 euros. “Avanzamos para converter o noso territorio nun destino intelixente e para ofrecer ás persoas visitantes novas propostas para realizar aquí, na provincia de Pontevedra”, subliñou o presidente sobre esta plataforma que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza Tabeirós-Terra de Montes. Os camiños por dentro, financiado con fondos Next Generation.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A través desta actuación, tal e como explicou o presidente, vaise dotar de recursos, información e contidos, así como poñer en valor os camiños de Santiago que pasan polas comarcas: o da Geira e dos Arrieiros e o Miñoto Ribeiro. Trátase, segundo detallou Luis López, dunha ferramenta para facilitar a planificación da viaxe, crear instrumentos para favorecer a desestacionalización da demanda, ampliar a estancia media e mellorar a experiencia con propostas vinculadas aos itinerarios xacobeos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Queremos dar pasos cara adiante na dixitalización e na transformación desta provincia remarcou o presidente da Deputación-, para adaptarnos ás esixencias dos turistas do século XXI e seguir posicionando a esta provincia como Destino Turístico Intelixente”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page