top of page

A Deputación inaugura en Monterroso a mostra Inevitable coas obras realizadas por COGAMI

21 nov 2024
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Monterroso

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto inaugurou este mércores en Monterroso a mostra Inevitable, unha crítica social pola liberdade sexual e de xénero. O espazo cultural Lorenzo Varela acolleu a exposición realizada no Taller Daulloa polos usuarios e usuarias de Cogami, que contou cunha achega da institución provincial de 38.000 euros.

García Porto destacou o “poder transformador” da arte e deste espazo que, con 15 obras, “é unha chamada á reflexión sobre a liberdade sexual, fundamental para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”. A exposición chega ao concello monterrosino logo de estar aberta ao público no Museo Provincial, en Lugo, e no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, e poderase desfrutar ata o 13 de decembro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante o acto desta tarde, os propios artistas aproveitaron para explicar as súas obras, nas que utilizaron de base paneis de madeira coas cores da bandeira LGTBI.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page