A corredora e adestradora do Centro ETP de Lalín, Vanesa Insaurralde, volveu subir ao podio da "Estranoite"
- ecosdacomarca
- 25 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

A corredora e adestradora do Centro ETP de Lalín, Vanesa Insaurralde, volveu subir ao podio da "Estranoite" (a carreira nocturna de A Estrada) o pasado sábado, igual que nas derradeiras tres edicións, nunha carreira de 8 quilómetros marcada polo ambiente festivo das festas de San Paio.
Publicidade
Tamén tomaron a saída catro dos integrantes do equipo de runners do Centro ETP Encuentra Tu Potencial (Mercedes Moreira, Bárbara Sánchez, Manuel Presas e o speaker e instructor deportivo Hernán García), nunha carreira nocturna con saída as 23 horas, enchendo as rúas de A Estrada de puro atletismo popular, música e animación.
Publicidade
Comments