A Garda Civil ofrece consellos de seguridade ás persoas maiores en Agolada
Ecos da Comarca/Agolada
O auditorio de Agolada acolleu onte unha charla informativa impartida por Manolo Pedreira, membro da Garda Civil de Lalín, centrada na seguridade e en ofrecer consellos prácticos para o día a día das persoas maiores.

PUBLICIDADE
Durante o encontro, os asistentes puideron coñecer recomendacións e pautas útiles para previr riscos e afrontar con maior seguridade diferentes situacións da vida cotiá.
PUBLICIDADE
A iniciativa busca achegar información de interese ás persoas maiores, contribuíndo a reforzar a súa protección e a súa seguridade tanto no ámbito persoal como no día a día.









Comentarios