top of page

A Consellería de Educación informa que si se impartirán todas as materias troncais no IES de Melide

"Dado que as nosas xustas reclamacións foron tidas en conta; paralizamos as accións emprendidas e queremos manifestar que todo o que motivou as nosas protestas foi a obriga de velar polos dereitos educativos dos nosos fillos"


Laura Moure/Melide

A ANPA e os representantes dos pais no consello escolar do IES de Melide informan que no día de hoxe notificóuselles que a súa queixa foi admitida a trámite pola Valedora do Pobo, xa que atopa “cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da Constitución”. E tamén que, con posterioridade, comunícouselles dende a dirección do centro que teñen

autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Educación para impartir todas as

materias troncais, independentemente do número de alumnos matriculados. Cabe mencionar que ECOS DA COMARCA tras poñernos en contacto este xoves coa Consellería de Educación tamén se nos informou hoxe pola tarde que si se impartirían.

"Dado que as nosas xustas reclamacións foron tidas en conta, paralizamos as accións emprendidas ata o momento, e queremos manifestar que todo o que motivou as nosas protestas foi a obriga de velar polos dereitos educativos dos nosos fillos. Obriga que é, e sempre será, a nosa máxima responsabilidade como proxenitores e estaremos sempre dispostos a exercer", recalcan a ANPA e os representantes dos pais.


"Queremos manifestar o noso agradecementos aos medios de comunicación privados, por facerse eco do noso problema e darlle unha importante cobertura; tamén queremos agradecer ao Concello de Melide, Radio Melide e a Asociación de Empresarios de Melide-ASETEM, por mostrar publicamente o seu apoio as nosas reivindicacións. Tampouco queremos olvidar o apoio de todas as innumerables persoas e organizacións públicas e privadas que nos achegaton o seu cariño e sensibilidade", recalcan.


Resposta de Educación a Ecos da Comarca

Como indicamos en liñas máis arriba ECOS DA COMARCA púxose en contacto este xoves coa Consellería de Educación para preguntar sobre as reivindicacións do IES de Melide e tamén sobre a continuidade do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do instituto de Arzúa.


"Respecto do ciclo indicarche que a matrícula en FP aínda está aberta, polo tanto non podemos concretarche máis", indica a Consellería. "No caso do IES de Melide, dende a Xefatura Territorial estanse xa a enviar aos centros autorizacións para impartir materias. En todo caso, isto non é unha novidade, senón que se trata dunhas instrucións de organización que tamén se fan noutras CCAA, incluso con criterios máis estritos (con mínimos de ata 15 alumnos)", explica. "Ademais de ter criterios diferenciados para rural e zonas urbanas, co obxectivo de facilitar a creación de grupos no rural, a Inspección educativa analiza caso a caso para ver a posibilidade ou non de implantar as materias, mesmo facendo excepcións".


NOTICIAS RELACIONADAS:





0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page