top of page

A cheminea de Altri é un macrointrusismo paisaxístico

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense.


A CHIMENEA DE ALTRI É UN MACROINTRUSISMO PAISAXÍSTICO

A gran chimenea ou botafumeiro de Altri vai a ser un marcado intrusismo na paisaxe, porque non se pode camuflar, nin mimetizar, nin invisibilizar. As razóns polas que non se pode integrar na paisaxe ulloana son varias:


1- Ten unha altura enorme, 75 metros.

Unha chimenea de 75 metros é como unha desafiante lanza cara o ceo, que será visible desde moitos quilómetros á redonda, incluso desde distancias superiores a 70 Km, como é o caso da Serra da Faladoira (Alto do Caxado, 752 metros).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

2- A forma cilíndrica da cheminea resalta a súa figura.

A súa case inevitable forma cilíndrica magnifica a silueta dese armatoste, porque ao observala desde calquera lugar, sempre se contemplará na súa anchura máxima, é decir, o seu diámetro. A forma cilíndrica reflecta a luz por igual en todas as direccións e máxime cando reflecte directamente a luz do sol (reflexión de raios solares). Nunha forma cilíndrica non hai partes escuras, porque non existen "ángulos mortos". No caso de que esa cheminea tivera forma cuadrangular a súa visulización sería de aspecto cambiante, con ángulos mortos (sombras, partes esvaecidas) e ángulos vivos (resaltados, iluminados). O seu impacto visual dependería do lugar desde o que se contemplara e da incidencia e reflexión da luz sobre a mesma.


3- Está localizada nunha planicie

A Celulosa será montada, coa súa enorme cheminea, nun amplo espazo aplanado, correspondente á planicie de Palas-Melide (vasta superficie de erosión formada tras o desmantelamento erosivo dese territorio, a comezos do Terciario). Nun espazo aplanado calquera elemento que se eleve en vertical de forma tan pronuncida como esta cheminea, será moi visible desde todas partes, será como unha enorme bandeira no medio dun deserto areoso. Esta circunstancia causará un gran impacto visual para todos os habitantes ulloáns, así como unha acusada perturbación paisaxística para os peregrinos que viaxen polo "Camiño Francés".

4- Bota abundante fume pola súa cima

Se unha elevada cheminea, disharmónica nesta paisaxe, causa grandes efectos perturbadores, estes veranse acentuados pola fumeira que sae pola cima da mesma. Esa inédita e antinatural fumeira estará á mercede dos ventos ou, en situacións de calma (anticiclónicas) contribuirá á formación dunha extensa capa de fume que se situará por encima das aldeas dos concellos direitamente afectados (Palas, Melide, Agolada, Antas de Ulla, Santiso, ...) As situacións anticiclónicas, nas que o fume non é arrastrado polo vento, serán especialmente perigosas para todos os seres vivos, un mal moito maior que o causado polo impacto visual.


5- Non hai ningún elemento da paisaxe que a imite

Este aspecto é o contrario do indicado anteriormente (localización en planicie). Calquera elemento da paisaxe caracterizado pola súa elevación servirá de pantalla, evitando a visión da chimenea (ocultamento) ou enmascarándoa, cando a visión sexa frontal. Por exemplo, se a chimenea estivera cerca do Monte Farelo, que acada unha altura de 952 metros, o seu impacto visual sería relativamente baixo, pero esa circunstancia non se da en absoluto en A Vacariza (planicie na que pretenden instalar ese monstro fumeante). As aldeas que rodean o Monte Farelo están localizadas entre os 590 metros (Aián, Agolada) e os 800 metros (O Seixo, Antas de Ulla), polo que a calquera desas alturas a gran chimenea da Celulosa, sempre estaría apantallada pola elevación do mencionado Monte.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En resume. Tendo en conta todo isto, cabe decir que non hai camuflaxes que poidan impedir o gran impacto visual dese armatoste por moitas cores verdosas, marróns, amarelas e grisáceas que lle poñan, en forma de pinturas, arredor da cilíndrica chimenea.


Antonio Presas, xeógrafo lalinense.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page