top of page

Direbús e ExpoBus 2025 únense para dar impulso ao transporte de viaxeiros por estrada a través da feira

Celebrarase 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda


Laura Moure/Silleda

A Asociación de Empresas de Autocares Direbús e a Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, acordaron unir esforzos para a celebración da cuarta edición do certame, o cal terá lugar do 20 ao 22 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). Así, subscribiron un acordo de colaboración para contribuír ao impulso do sector do transporte de viaxeiros por estrada a través desta feira, a cal é xa a segunda maior deste ámbito a nivel nacional.


Con este obxectivo, Direbús difundirá o certame entre os seus asociados, de modo que estas empresas de transporte en autobuses, autocares, minibuses e vehículos de menos de 9 prazas coñezan a proposta de ExpoBus Iberia, deseñada para que estes atopen as mellores solucións para modernizar e mellorar tanto os seus vehículos como os servizos aos seus clientes. Así mesmo, organizará unha xornada no evento que abordará temas de interese para estes profesionais.

Pola súa banda, a Feira Internacional de Galicia ABANCA facilitará un espazo expositivo a Direbús durante ExpoBus Iberia 2025 e cederalle unha sala durante o certame para a realización tanto da xornada como doutras actividades de interese para o sector.


Un atractivo foro para os profesionais

ExpoBus Iberia 2025 volverá converterse nun espazo con gran interese para profesionais do sector como os membros de Direbús. Non en balde, esta cita conxuga unha completa exposición e un interesante programa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante tres días conformará un gran escaparate con presenza das principais empresas fabricantes e carroceiras do sector do autobús, ademais de numerosas compañías relacionadas coa industria auxiliar, que mostrarán ás empresas de transporte e os seus profesionais as últimas novidades en vehículos, equipamento, sistemas, servizos ou solucións tecnolóxicas para as súas frotas.


Ademais, as súas actividades inclúen dende interesantes xornadas técnicas que abordan as problemáticas do sector ou os seus retos de futuro ata un circuíto de probas para testar o funcionamento dalgúns modelos, unha exposición de vehículos clásicos con auténticas xoias sobre rodas ou o Premio ao Mellor Condutor de Autocar.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page