Melide volve a brilar na súa Festa do Melidre: a cita máis doce de Galicia
- Laura Moure
- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
Un ano máis a “Festa máis doce de Galicia”: a Festa do Melindre e a Repostería Tradicional de Melide triunfa de xeito rotundo en canto a participación e vendas durante esta fin de semana, na que ducias de persoas se achegaron ata Melide para desfrutar de música, espectáculos para todas as idades e como, dos ricos, melindres e amendoados.
O sábado arrincaba a 33 Festa do melindre a repostaría tradicional coa apertura da Feira de Artesanía, situada no Cantón de San Roque, punto central das actividades deste gran evento gastronómico. A iso das 12:00 horas viviamos un momento moi emocionante co acto de Irmandade con Santurtzi, un acto no que as dúas administracións locais fixeron oficial a súa irmandade. A maiores, puidemos desfrutar dun intre único que no que a cultura galega e vasca se uniron na Praza do Convento.

Pola tarde, as crianzas gozaron co espectáculo infantil de “Rogelio 3. La Feté” e a veciñanza e visitantes de máis idade desfrutaron coas actuacións de baile das agrupacións: Zugaitza Dantza Taldea (Euskadi) e Herba Grileira (Melide), así como co concerto na Praza das Coles do grupo Korrontzi.
O domingo, día grande da Festa, o Cantón de San Roque acolleu visitantes, persoeiros e veciñanza para o acto de nomeamento dos Embaixadores e Embaixadoras do melindre e a repostaría tradicional, así como para escoitar o emotivo pregón de Edu Lavandeira. Este acto estivo presentado polo concelleiro da Área Económica do Concello de Melide, Xosé Igrexas, e nomeáronse Embaixadores e Embaixadoras a: Casa de Galicia en Santurtzi, a alcadesa de Santurtzi, Karmele Tubilla, e ao pregoeiro, Edu Lavandeira. Fixeron entrega dos diplomas: José Manuel Pérez (alcalde melidense), Ana Mosteiro (concelleira de Cultura, Deportes e Normalización Lingüísitica e Xosé Igrexas.
Publicidade
Neste acto estiveron presentes: María Rivas (subdelegada do Goberno), Xosé Penas (deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña) e varios alcaldes da contorna. Ademais, José Manuel Pérez quixo agradecer a presenza de todas as persoas que se achegaron ata Melide durante a fin de semana para desfrutar da “nosa repostaría tradicional” e tamén a todos os obradoiros que elaboran os melindres, ricos e amendoados, así como aos establecementos de hostalería que colaboraron coa difusión da 33 Festa do melindre e a repostaría tradicional.
Unha vez finalizado o acto institucional as autoridades e persoeiros procederon a visitar os postos da Feira de Artesanía. Para rematar a xornada, veciñanza e visitantes desfrutarán do concerto do grupo De Ninghures na Praza das Coles.
Commentaires